mércores, 23 de febreiro de 2022

CELEBRANDO A ROSALÍA CON MON LENDOIRO

O mércores 23 de febreiro, día de Rosalía, o alumnado de 6º E.P. lendo a prensa, buscou algunha noticia que estivera relacionada coa poeta e atopou un titular que falaba sobre esta celebración a través da pintura.


Logo de facer unha lectura colectiva para sacar as ideas fundamentais e subliñalas, decidiron averiguar quen era MON LENDOIRO. Así que abriron os portátiles e buscaron algunha web que lles proporcionara información sobre este pintor carballés. 
Premendo na imaxe accederás á actividade.

martes, 15 de febreiro de 2022

O AUTODEFINIDO

Esta semana tocoulle á sección dos pasatempos e escolleron o autodefinido para mellorar o vocabulario, repasar os sinónimos e practicar a comprensión lectora. Ademais, traballaron a lateralidade e o sentido da orientación nun taboleiro e, finalmente, puideron dar coa palabra misteriosa que se correspondía coa imaxe do pasatempo.

Premendo na imaxe, accederás a actividade👍

martes, 8 de febreiro de 2022

INVENTANDO TITULARES

O alumnado de 6º E.P. lendo a prensa do mércores 9 de febreiro, fixáronse nos titulares. A actividade consistía en combinar palabras de diferentes titulares e elaborar un de creación propia que fose orixinal e que mantivera a concordancia gramatical. 

Accederás a actividade premendo na imaxe👌

mércores, 2 de febreiro de 2022

UNHA PINTORA DE MUXÍA: VIKI RIBADULLA

O alumnado de 6º E.P. lendo a prensa o mércores, 2 de febreiro, atoparon unha noticia sobre Viki Rivadulla

Preme na imaxe para acceder á actividade.

Como Viki é de Muxía, o alumnado coñécea e empezaron a falar do que sabían dela: traballa no Concello de Muxía, atende a biblioteca municipal, organiza actos culturais, é pintora...

A continuación leron a noticia.

Tamén buscaron información e atoparon a súa páxina web, na que averiguaron unha serie de datos que lles serviu para cubrir un cadro resume da súa biografía
Completaron a actividade recortando e pegando a súa foto na libreta.
Para finalizar, observaron as pinturas publicadas na súa web e comentaron detalles que observaron nos cadros como a viveza das cores e a cantidade de motivos mariñeiros.

ANÁLISE DA INFORMACIÓN

  Á metade do alumnado de 6º E.P. gústalle o fútbol e xogan nalgún equipo. Aínda que é unha actividade na que disfrutan, ás veces vese entur...