mércores, 19 de outubro de 2022

VOCABULARIO

O mércores 19 de outubro, empezou a traballar coa prensa o alumnado de 5º E.P. baixo a coordinación da mestra Aurelia. 

Relacionaron a actividade co PDI "Amar o mar" buscando noticias relacionadas co mar. 

Entre todos localizaron 5 titulares:
Recortáronos e pegáronos na libreta:
Destacaron o vocabulario seleccionado:
Explicaron o significado deses termos, aclarando dúbidas. Para finalizar fixeron un mural.
Premendo na imaxe, accederás á actividade.

PROGRAMA PRENSA - ESCOLA 2022/23

Este curso continuamos no programa "Prensa - escuela" promovido pola "Voz de Galicia".

Inscribiuse ao programa o alumnado de 5º E.P. ( 8 nenos e 7 nenas) e Aurelia, a mestra que imparte L.C. e L.G. neste grupo.

Todos os mércores recibirán 10 xornais cun suplemento escolar " La voz de la escuela" con información de interese e con orientacións sobre como enfocar as noticias desde o punto de vista pedagóxico.
OBXECTIVOS DO PROGRAMA

  • Aprender a ler a prensa e desenvolver un sentido crítico.
  • Integrar as noticias de cada día como complemento e actualización do libro de texto no currículo escolar.
  • Coñecer os problemas reais que os xornais presentan a diario e implicarse na súa solución.
  • Usar a prensa como un recurso didáctico que facilite o densenvolvemento das súas aptitudes e destrezas persoais, tales como a creatividade, a educación para o ocio, o estudio do medio e a inserción en grupos e servicios sociais.
  • Ter acceso ó mundo dos medios de comunicación.
  • Aprender a expresar libremente a súa opinión e a debater en grupo os seus problemas.
  • Que a escola tome conciencia da importancia da información na educación do alumnado como cidadáns que forman parte dunha sociedade plural e democrática.

ANÁLISE DA INFORMACIÓN

  Á metade do alumnado de 6º E.P. gústalle o fútbol e xogan nalgún equipo. Aínda que é unha actividade na que disfrutan, ás veces vese entur...