mércores, 29 de novembro de 2023

VOCABULARIO

O alumnado de 6º E.P., na semana do 27 ao 30 de novembro, no apartado de Vocabulario do tema de Lengua, estiveron traballando a familia de palabras e o campo semántico.  Para reforzar o concepto de campo semántico e indicar con corrección cal é o rasgo común das palabras que o forman, foron á sección de PASATEMPOS. Nela atoparon unha sopa de letras na que tiñan que localizar os termos que se indicaban excepto un ( había que identificar o que faltaba).


Unha vez feita, recortárona para pegala na libreta.


Para finalizar, anotaron a palabra que non aparecía na sopa de letras e escribiron o rasgo común que as agrupaba no mesmo campo semántico. 
Premendo na imaxe, accederás á actividade. 

mércores, 22 de novembro de 2023

INVESTIGANDO

Na sección de "LA ESCUELA SALVAJE de LA VOZ DE LA ESCUELA" do 22 de novembro, o alumnado de 6º E.P. atopou a seguinte reportaxe:


Despois dunha lectura en voz alta por turnos, destacaron as partes onde se lles pedía que investigaran acerca da orixe do término "gasterópodo", do ambiente onde vivían, a utilidade dos seus tentáculos  e o tipo de alimentación. 

Premendo na imaxe, acederás á actividade. 

mércores, 15 de novembro de 2023

ESQUEMATIZANDO A INFORMACIÓN

O mércores, 15 de novembro, o alumnado de 6º E.P. atopou na prensa este artigo "UNHA XORNADA CERO CERO".


Despois de lela, atoparon tres partes ben diferenciadas.
Así que marcaron nos xornais, con distintas cores, a información que contiña cada un deses fragmentos. 
Premendo na imaxe accederás á actividade.

A continuación fixeron unha táboa nun folio para anotar as ideas fundamentais de cada unha das partes. 

Aquí tedes o resultado:
 


mércores, 8 de novembro de 2023

CARTAS AL DIRECTOR / IDEAS PRINCIPALES

O alumnado de 6º E.P. realizou dúas actividades co xornal "La Voz de Galicia" do 8 de novembro en dúas sesións de Lengua Castelá.  

Nunha estudaron os textos persuasivos elaborados coa finalidade de convencer. Entre eles atópanse os artigos de opinión e as cartas ao director. Neste caso, centraron a atención nunha das cartas ao director "Festivos para todos".

Na outra sesión centráronse nun artigo titulado "La nutrición se une al desarrollo". Nel localizaron catro dos obxectivos de desenvolvemento sostenible da ONU para poñer fin á fame antes do 2030.

Premendo na imaxe, accederás ás actividades 👌

ANÁLISE DA INFORMACIÓN

  Á metade do alumnado de 6º E.P. gústalle o fútbol e xogan nalgún equipo. Aínda que é unha actividade na que disfrutan, ás veces vese entur...