martes, 25 de abril de 2023

"LA ARTESANÍA QUE NAVEGA A SOTAVENTO"

O alumnado de 5º E.P., no xornal do 26 de abril, atoparon unha noticia interesante relacionada co PDI deste curso "AMAR O MAR".


Para acceder á actividade, preme na imaxe 👍

mércores, 19 de abril de 2023

A PUBLICIDADE

O alumnado de 5º E.P. dedicáronse a analizar os anuncios publicitarios na prensa do mércores 19 de abril. Nunha primeira fase localizaron todos os anuncios que aparecían no xornal e foron indicando que se anunciaba, que imaxe aparecía e con que palabras se publicitaba. Deste xeito, chegaron á conclusión de que un anuncio publicitario precisaba unha imaxe, un texto impactante ( slogan) e outros datos importantes que axudaban a coñecer mellor o produto anunciado. Nunha segunda fase seleccionaron un anuncio e nel localizaron os elementos. 

Na terceira fase foron eles os encargados de elaborar un anuncio publicitario. Para iso, seleccionaron unha imaxe do que querían anunciar e pegárona nun folio. 

Para acceder á actividade, preme na imaxe.

mércores, 12 de abril de 2023

ENTREVISTA E RESUME

O alumnado de 5º E.P. leran no xornal do 29 de marzo, unha entrevista a unha escritora e fixándose na estrutura da mesma elaboraron outras de creación propia. Esta semana volveron a utilizar ese xornal, lendo un artigo da sección de oficios tradicionais galegos: "As redeiras", relacionado co noso PDI.

Nesta ocasión foron marcando no texto as palabras literais dunha redeira que falaba sobre o seu oficio e , tomándoas como respostas, enunciaron as preguntas, afianzando o aprendido sobre a entrevista. 
No xornal do 12 de abril, utilizaron o xornal para resumir unha noticia. Na sección de "La Voz de Carballo" leron este titular:

Premendo na imaxe accederás a actividade:

ANÁLISE DA INFORMACIÓN

  Á metade do alumnado de 6º E.P. gústalle o fútbol e xogan nalgún equipo. Aínda que é unha actividade na que disfrutan, ás veces vese entur...