mércores, 19 de abril de 2023

A PUBLICIDADE

O alumnado de 5º E.P. dedicáronse a analizar os anuncios publicitarios na prensa do mércores 19 de abril. Nunha primeira fase localizaron todos os anuncios que aparecían no xornal e foron indicando que se anunciaba, que imaxe aparecía e con que palabras se publicitaba. Deste xeito, chegaron á conclusión de que un anuncio publicitario precisaba unha imaxe, un texto impactante ( slogan) e outros datos importantes que axudaban a coñecer mellor o produto anunciado. Nunha segunda fase seleccionaron un anuncio e nel localizaron os elementos. 

Na terceira fase foron eles os encargados de elaborar un anuncio publicitario. Para iso, seleccionaron unha imaxe do que querían anunciar e pegárona nun folio. 

Para acceder á actividade, preme na imaxe.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

O CASTRO DE MONTES CLAROS

Na prensa do mércores 29 de maio houbo unha noticia sobre o Castro de Montes Claros. Os nenos e nenas de 6º E.P. alegráronse moito porque o ...