O alumnado de 5º E.P. leran no xornal do 29 de marzo, unha entrevista a unha escritora e fixándose na estrutura da mesma elaboraron outras de creación propia. Esta semana volveron a utilizar ese xornal, lendo un artigo da sección de oficios tradicionais galegos: "As redeiras", relacionado co noso PDI.
Nesta ocasión foron marcando no texto as palabras literais dunha redeira que falaba sobre o seu oficio e , tomándoas como respostas, enunciaron as preguntas, afianzando o aprendido sobre a entrevista.
No xornal do 12 de abril, utilizaron o xornal para resumir unha noticia. Na sección de "La Voz de Carballo" leron este titular:
Premendo na imaxe accederás a actividade:
Ningún comentario:
Publicar un comentario