mércores, 15 de xuño de 2022

INVESTIGAMOS E RESUMIMOS

Aquí tedes o último traballo de 6º E.P.  relacionado coa prensa. Escolleron o artigo do apartado "La escuela salvaje" na sección de "La Voz de la Escuela", que levaba por título "Pequeñas alas de diferentes colores". 

Comezaron, coma sempre, facendo unha lectura compartida en voz alta, por quendas. Logo, por parellas, leron con máis calma e localizaron o nome de catro tipos de bolboretas: Vanesa atalanta, Vanesa cardui, bolboreta monarca e Euphydryas aurinia.

Premendo nas imaxes, accederás á actividade.

mércores, 8 de xuño de 2022

O ARTIGO DE OPINIÓN

Na Voz de Galicia do 8 de xuño, o alumnado de 6º E.P. fixouse nun dos artigos que aparecían na sección de Opinión: "Máscaras e estado dos colectores". 

Logo dunha lectura en voz alta por quendas, analizaron o texto tendo en conta que se trataba da visión persoal que daba un veciño de Muros sobre unha situación problemática para o seu concello. 

Premendo na imaxe, accederás á actividade. 

mércores, 1 de xuño de 2022

UNHA PRÁCTICA DE ÉXITO


No xornal do mércores 1 de xuño, na sección de "La voz de la escuela", o alumnado de 6º E.P. atopou unha noticia sobre a recollida de lixo que fixera o alumnado de Baixo Miño. 
Léndoa recordaron que eles tamén participaron nunha actividade de contribución e coidado do medio ambiente organizada pola Asociación Amicos: recollida e clasificación de lixo na praia dos Muíños. 

Premendo na imaxe, accederás á actividade.

ANÁLISE DA INFORMACIÓN

  Á metade do alumnado de 6º E.P. gústalle o fútbol e xogan nalgún equipo. Aínda que é unha actividade na que disfrutan, ás veces vese entur...