mércores, 3 de abril de 2024

DÍA MUNDIAL DO ARCO DA VELLA

 O día 3 de abril, a Voz de Galicia publicaba unha reportaxe sobre o DÍA MUNDIAL DO ARCO DA VELLA, no que, ademais de falar sobre este fenómeno natural, facía referencia ás cores da tolerancia e o respecto, xa que o colectivo LGTBI teno como símbolo.

O alumnado de 6º E.P. comezou cunha lectura en voz alta por quendas.


Lembraron o tema de CN no que estudaron este fenómeno e comprobaron que o explicado na reportaxe coincidía co que eles aprenderan na clase. 


A continuación falaron sobre a tolerancia e o respecto cara a todas as parellas que se aman, priorizando o cariño por enriba do xénero. 
Para finalizar, levaron á práctica o experimento proposto ao remate da reportaxe e conseguiron visualizar un pequeno arco da vella. 
Para acceder á actividade, preme na imaxe. 

mércores, 20 de marzo de 2024

FALAMOS SOBRE... A DIETA MEDITERRÁNEA

O mércores 20 de marzo, o alumnado de 6º E.P., lendo a Voz de Galicia, atopou esta noticia sobre a dieta mediterránea. 

ACCEDERÁS Á ACTIVIDADE, PREMENDO NA IMAXE 👍

mércores, 13 de marzo de 2024

UTILIZAMOS O GOOGLE MAPS

O 13 de marzo, o alumnado de 6º E.P., lendo a prensa, atopou esta noticia. 

Nela falabase dun proxecto para construir un centro de interpretación nas antigas instalacións da baleeira de Caneliñas. 

Accederás a actividade, premendo na imaxe 👍

mércores, 6 de marzo de 2024

DESENVOLVENDO AS NOSAS COMPETENCIAS

O alumnado de 6º E.P. lendo a Voz de Galicia o mércores 6 de marzo atoparon un artigo sobre tortilla de patacas. 


A actividade que levaron a cabo con esta noticia permitiulles desenvolver parte das competencias que deben adquirir na Educación Primaria. 

  • COMPETENCIA EN COMUNICACIÓN LINGÜÍSTICA
    Comezaron lendo a noticia en voz alta, por quendas, parando en cada pregunta para darlle resposta e ir comentando os diferentes gustos e opinións sobre a tortilla. 





  • COMPETENCIA DIXITAL                                                           
Buscaron información en varias webs sobre a orixe da tortilla francexa: cando e onde comezou a elaborarse e as causas.



  • COMPETENCIA PLURILINGÜE                                                

Utilizaron indistintamente as linguas galega e castelá para o traballo, lendo e contestando oralmente en galego e redactando o resultado da investigación sobre a orixe da tortilla francesa en castelán. Tamén se fixaron na tradución ao inglés e francés deste termo.



  • COMPETENCIA SOCIAL E DE APRENDER A APRENDER. A seguinte parte da actividade fixérona en familia, aprendendo a xestionar o seu tempo no contexto da casa, aplicando o coñecemento previo sobre a tortilla. Pediron aos seus pais, nais, avós ou irmáns maiores que lles contasen como elaborar a tortilla que comen na casa. Con esa información redactaron unha receita persoal que compartiron na clase co resto de compañeiros e compañeiras léndoas en voz alta. 
  • COMPETENCIA MATEMÁTICA, EN CIENCIA E COMPETENCIA CIDADÁ.                                                          
    Para rematar este traballo de investigación , elaboraron conxuntamente unha tortilla de patacas no comedor do colexio, contando coa axuda das nosas cociñeiras Carolina e Asunción. Traballaron as cantidades de ovos e patacas . Dun xeito construtivo decidiron como abordar e repartir as tarefas para que todos e todas poideran pelar e cortar patacas, bater ovos...Sempre colaborando e axudando.
Premendo na imaxe accederás á actividade.

Aquí tedes o vídeo de elaboración da tortilla. 

mércores, 28 de febreiro de 2024

TRABALLAMOS A DESCRICIÓN

O alumnado de 6º E.P., lendo a Voz de Galicia do 28 de febreiro, atopou un artigo titulado Fauna familiar no que a autora comparaba a membros da súa familia con algún animal segundo foran as súas características físicas ou o seu carácter.


Á raíz da lectura, comentaron as similitudes que había entre os animais descritos no texto e algunhas persoas. Deste xeito foron comparándose con distintos animais atendendo á súa forma de ser e aos seus rasgos físicos. Para finalizar a actividade, fixeron a súa propia descrición comparándose cun animal.




Aí vai unha mostra do traballo realizado. 

Premendo na imaxe, accederás á actividade:

martes, 20 de febreiro de 2024

DÍA DE ROSALÍA

O alumnado de 6º E.P., o 21 de febreiro, seleccionou na Voz de Galicia esta noticia sobre o Día de Rosalía. 


Despois dunha lectura por quendas en voz alta, localizaron no artigo datos importantes sobre a súa vida que lles serviu para organizar a información nun diagrama:

A continuación, cada un elaborou o seu propio diagrama, incorporando un mapa de Galicia para situar os lugares do seu nacemento e morte. 

Finalmente, expuxeron os traballos na parede co corredor para compartilos co resto de compañeiros e compañeiras. 
Premendo na imaxe, accederás á actividade. 

mércores, 31 de xaneiro de 2024

ABRACADABRA!

O 31 de xaneiro, Día Internacional do Mago, saía publicado un artigo na "Voz de la Escuela" que facía referencia a este feito polo que o alumnado de 6º E.P. fixo unha lectura en voz alta por quendas. A continuación buscaron os nomes de todos os magos que se mencionaban, desde os máis antigos , aos actuais. Familiarizáronse con nomes como Juan Bosco, Dedi, Houdini, Mago Pop, Marcos Waldemar, Pedro Bugarín, o mago Rafa, Patri Zenner e Kiko Pastur. 

Para finalizar o traballo, buscaron información sobre todos estes magos investigando sobre a data e o lugar de nacemento, a súa especialidade dentro da maxia e a súa traxectoria artística. 

Premendo na imaxe, accederás á actividade.

DÍA MUNDIAL DO ARCO DA VELLA

  O día 3 de abril, a Voz de Galicia publicaba unha reportaxe sobre o DÍA MUNDIAL DO ARCO DA VELLA, no que, ademais de falar sobre este fen...