O alumnado de 6º E.P. lendo a Voz de Galicia o mércores 6 de marzo atoparon un artigo sobre tortilla de patacas.
A actividade que levaron a cabo con esta noticia permitiulles desenvolver parte das competencias que deben adquirir na Educación Primaria.
- COMPETENCIA EN COMUNICACIÓN LINGÜÍSTICAComezaron lendo a noticia en voz alta, por quendas, parando en cada pregunta para darlle resposta e ir comentando os diferentes gustos e opinións sobre a tortilla.
- COMPETENCIA DIXITAL
Buscaron información en varias webs sobre a orixe da tortilla francexa: cando e onde comezou a elaborarse e as causas.
Utilizaron indistintamente as linguas galega e castelá para o traballo, lendo e contestando oralmente en galego e redactando o resultado da investigación sobre a orixe da tortilla francesa en castelán. Tamén se fixaron na tradución ao inglés e francés deste termo.
- COMPETENCIA SOCIAL E DE APRENDER A APRENDER. A seguinte parte da actividade fixérona en familia, aprendendo a xestionar o seu tempo no contexto da casa, aplicando o coñecemento previo sobre a tortilla. Pediron aos seus pais, nais, avós ou irmáns maiores que lles contasen como elaborar a tortilla que comen na casa. Con esa información redactaron unha receita persoal que compartiron na clase co resto de compañeiros e compañeiras léndoas en voz alta.
- COMPETENCIA MATEMÁTICA, EN CIENCIA E COMPETENCIA CIDADÁ. Para rematar este traballo de investigación , elaboraron conxuntamente unha tortilla de patacas no comedor do colexio, contando coa axuda das nosas cociñeiras Carolina e Asunción. Traballaron as cantidades de ovos e patacas . Dun xeito construtivo decidiron como abordar e repartir as tarefas para que todos e todas poideran pelar e cortar patacas, bater ovos...Sempre colaborando e axudando.
Premendo na imaxe accederás á actividade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario