martes, 13 de decembro de 2022

¿OTRO PRESTIGE?

O mércores 14 de decembro, os nenos e nenas de 5º E.P. lendo a Voz de Galicia. atopáronse cunha noticia que lles levou á pregunta "¿OTRO PRESTIGE"?


Despois de facer unha lectura en voz alta por turnos, déronse de conta de que había moitas similitudes co Prestige, ao que tamén se facía referencia. Así que, co que xa sabían sobre a catástrofe, compararon os dous sucesos buscando parecidos e diferenzas. 
Accederás á actividade premendo na imaxe.

mércores, 7 de decembro de 2022

SUPERPEIXIÑO

O alumnado de 5º E.P. lendo o xornal do mércores 7 de decembro, atopou na sección de Marítima, unha noticia relacionada co MAR, o tema do noso proxecto anual. 

Premendo na imaxe, accederás á actividade:

ANÁLISE DA INFORMACIÓN

  Á metade do alumnado de 6º E.P. gústalle o fútbol e xogan nalgún equipo. Aínda que é unha actividade na que disfrutan, ás veces vese entur...