mércores, 29 de marzo de 2023

A ENTREVISTA

Na semana do 27 ao 31 de marzo, o alumnado de 5º E.P. traballou a entrevista. Lendo a Voz de Galicia do mércores 29 de marzo, atoparon unha relacionada cos naufraxios, tema elixido polo grupo no PDI  "Amar o mar". 

A continuación fixeron unha actividade de comprensión localizando no artigo a información que se pedía. 
Noutra sesión da clase de Lingua Galega fixeron de xornalistas realizando unha entrevista. 
Premendo na imaxe, accederás á actividade.

venres, 24 de marzo de 2023

ESTRUTURA E CONTIDO DA NOTICIA

Na semana do 20 ao  24 de marzo, o alumnado de 5º E.P. traballou sobre a estrutura e o contido das noticias. Seleccionaron unha variedade delas sobre as que podían elixir unha e analizala. A mestra Aurelia explicoulles que a estrutura e o contido de toda noticia debía dar resposta a catro cuestións: 


Premendo na imaxe, accederás á actividade👍

mércores, 15 de marzo de 2023

MARISCADORA 2.0

O alumnado de 5º E.P. guiados pola mestra Aurelia, continúan traballando na alfabetización mediática e informacional. Desta vez, cunha noticia que atoparon na Voz de Galicia do 15 de marzo que está relacionada co PDI.

Comezaron facendo unha lectura en voz alta por quendas.
Despois contrastaron a información...
Premendo na imaxe, accederás a actividade.

mércores, 8 de marzo de 2023

PARTES DA NOTICIA

Na semana do 6 ao 10 de marzo, o alumnado de 5º E.P. traballou a estrutura das noticias a través da prensa.

Cada alumno/a debía localizar no xornal do 8 de marzo unha noticia que ademais de titular e corpo, tivera entradilla e unha imaxe con pé de foto. 


Despois de recortalas e pegalas na libreta, foron rotulando cada unha das partes.

Para ver a actividade, preme na imaxe. 

venres, 3 de marzo de 2023

"EL TIEMPO: TIEMPO ATMOSFÉRICO Y PASATIEMPOS"

Na semana do 27 de febreiro ao 3 de marzo, o alumnado de 5º E.P. dedicaron dúas sesións ao traballo da prensa. Na primeira analizaron o tempo da comarca e na segunda axilizaron a mente cos pasatempos.

Para ver a actividade, preme na imaxe 👍

ANÁLISE DA INFORMACIÓN

  Á metade do alumnado de 6º E.P. gústalle o fútbol e xogan nalgún equipo. Aínda que é unha actividade na que disfrutan, ás veces vese entur...