mércores, 25 de maio de 2022

OUKA LEELE, A PINTORA DAS FOTOS

 O alumnado de 6º E.P. traballando a prensa o 25 de maio, viron unha noticia sobre o falecemento de Ouka Leele, unha artista da fotografía e a pintura. 

Ao fío da lectura, fixeron un gran traballo. Premendo na imaxe accederás á actividade.👍 

martes, 17 de maio de 2022

SOMOS XORNALISTAS

O mércores 18 de maio, os nenos e nenas de 6º E.P. redactaron noticias que ilustraron con fotos escollidas no xornal  "La Voz de Galicia".


Primeiro seleccionaron as imaxes e a continuación recortáronas.


Para ver a actividade preme na imaxe.👍

mércores, 11 de maio de 2022

OUTRA NOVA SOBRE PINTURA

O alumnado de 6º E.P. lendo  a prensa o mércores 11 de maio, fixouse nesta noticia.

Chamoulles a atención porque a imaxe de Marylin, que aparece na foto, xa a viran con anterioridade cando investigaron sobre o pop-art. Así que, unha vez situados no estilo de pintura, comezaron a ler por quendas en voz alta. 

A continuación, a mestra Aurelia, propuxo unha serie de preguntas que anotou no encerado.

Premendo na imaxe, accederás á actividade

mércores, 4 de maio de 2022

A VOLTAS COA GRAMÁTICA

O alumnado de 6º E.P. , na prensa da última semana, traballaron sobre unha entrevista. A titular da mesma facía referencia ao Camiño de Santiago, tema do Proxecto Documental Integrado do curso pasado. 

Accederás á actividade, premendo na imaxe.

ANÁLISE DA INFORMACIÓN

  Á metade do alumnado de 6º E.P. gústalle o fútbol e xogan nalgún equipo. Aínda que é unha actividade na que disfrutan, ás veces vese entur...