mércores, 25 de xaneiro de 2023

REPASANDO OS SÉCULOS ESCUROS

No primeiro trimestre, o alumnado de 5º E.P., afondando na literatura galega dos Séculos Escuros, souberon que nesa época se escribira a primeira obra de teatro en galego "Entremés sobre a pesca no río Miño"

Botando unha ollada ao xornal do 25 de xaneiro atoparon unha noticia relacionada con esa obra de teatro.

Despois de facer unha lectura en voz alta por quendas, traballaron a comprensión lectora utilizando unha ficha como esta:

Premendo na imaxe, accederás a actividade.👍 

xoves, 19 de xaneiro de 2023

BUSCANDO CAUSAS, ESQUEMATIZANDO E FORMULANDO HIPÓTESES

Na semana do 16 ao 20 de xaneiro, o alumnado de 5º E.P. dedicou catro sesións da "Hora de Ler" para analizar a fondo a seguinte noticia:

1º SESIÓN: 

Lectura grupal en voz alta e por turnos.

2º SESIÓN:
 Identificaron as causas da morte do navegante, localizándoas no texto e marcándoas. 

3º SESIÓN:
Elaboraron na libreta un esquema con todas as causas que previamente identificaron na noticia. 

4º SESIÓN:

Formularon hipóteses sobre que puido pasar para que o navegante quedase enganchado ao mastro.

Premendo na imaxe, accederás a actividade.

martes, 17 de xaneiro de 2023

COMPRENSIÓN E ORTOGRAFÍA

O alumnado de 5º E.P., revisando a sección de Marítima na prensa do mércores 18 de xaneiro, atoparon esta noticia, coa que traballaron en dúas sesións diferentes. 


Na primeira sesión traballaron a comprensión lendo a noticia en alto e localizando nela as respostas a tres preguntas que a mestra Aurelia escribiu no encerado.

Na segunda, fixáronse na utilización das comas ( uns dos contidos que están estudando na clase de Lingua Galega e Lingua Española). 
Premendo na imaxe, accederás á actividade.

domingo, 15 de xaneiro de 2023

QUE SABEMOS DO REXURDIMENTO?

O alumnado de 5º E.P. , lendo o xornal do 21 de decembro, atopou unha noticia relacionada co último contido de Literatura que traballaron en Lingua Galega: "O Rexurdimento".


Relacionaron a noticia co que xa estudaron con anterioridade.
Para ver a actividade, preme na imaxe. 👍

ANÁLISE DA INFORMACIÓN

  Á metade do alumnado de 6º E.P. gústalle o fútbol e xogan nalgún equipo. Aínda que é unha actividade na que disfrutan, ás veces vese entur...