Á metade do alumnado de 6º E.P. gústalle o fútbol e xogan nalgún equipo. Aínda que é unha actividade na que disfrutan, ás veces vese enturbiada pola mala práctica dalgunhas persoas que ocupan cargos destacados no mundo deste deporte. É o caso de Rubiales, o expresidente da RFEF, que recentemento foi investigado por varias causas. Xa que o tema é do interese do alumnado de 6º E.P., fixáronse nesta noticia.
Comezaron facendo unha lectura en voz alta, por quendas, parando en cada pregunta para comentar a explicación e comprobar que a entenderan. A continación analizaron as causas polas que Rubiales foi investigado e as consecuencias que pode traer para el e para a RFEF, e recolléronnas nun diagrama.
Premendo na imaxe, accederás á actividade 👍
Ningún comentario:
Publicar un comentario