O día 3 de abril, a Voz de Galicia publicaba unha reportaxe sobre o DÍA MUNDIAL DO ARCO DA VELLA, no que, ademais de falar sobre este fenómeno natural, facía referencia ás cores da tolerancia e o respecto, xa que o colectivo LGTBI teno como símbolo.
O alumnado de 6º E.P. comezou cunha lectura en voz alta por quendas.
Lembraron o tema de CN no que estudaron este fenómeno e comprobaron que o explicado na reportaxe coincidía co que eles aprenderan na clase.
A continuación falaron sobre a tolerancia e o respecto cara a todas as parellas que se aman, priorizando o cariño por enriba do xénero.
Para finalizar, levaron á práctica o experimento proposto ao remate da reportaxe e conseguiron visualizar un pequeno arco da vella.
Para acceder á actividade, preme na imaxe.
Ningún comentario:
Publicar un comentario