venres, 27 de outubro de 2023

REPASANDO CONCEPTOS GRAMATICAIS

Na semana do 23 ao 27 de outubro, o alumnado de 6º E.P. centrou o traballo da prensa no aspecto gramatical. Seleccionaron unha reportaxe moi curiosa sobre a pasta. 


Premendo na imaxe, accederás á actividade 👍

venres, 20 de outubro de 2023

"AMPLIAMOS LA INFORMACIÓN"

Na semana do 16 ao 20 de outubro, o alumnado de 6º E.P. escolleu o artigo "Un asunto espinoso" da sección "La escuela salvaje". Despois dunha lectura en voz alta por quendas, destacaron as preguntas para ampliar a información. 


A continuación organizáronse en tres grupos e repartiron as preguntas. Antes de buscar a información necesaria para respondelas, nombraron un secretario/a en cada equipo para ir anotando datos importantes e un portavoz que expuxera en alto ao resto dos grupos a información seleccionada.

1º GRUPO

O primeiro grupo localizou os lugares máis proximos ao centro escolar onde se poden atopar plantas con espiñas. Ademais, buscou información sobre a fábula de "Androcles y el león" cuxo inicio aparecía no artigo.
2º GRUPO
O segundo grupo buscou nomes de plantas con espiñas para aumentar a listaxe das xa lidas. Tamén buscou información sobre quen era Esopo, que se nomeaba como autor da fábula "Androcles y el león".
3º GRUPO
O terceiro grupo averiguou por que as plantas con espiñas abundan nas zoas máis áridas do planeta e se as propias espiñas tiñan algo que ver con iso.
Finalmente fixeron a posta en común compartindo a información que ampliaron sobre a noticia inicial. 
Premendo na imaxe, accederás á actividade.  

mércores, 11 de outubro de 2023

POÑENDO EN VALOR A LINGUA GALEGA

Coa idea de valorar a diversidade de linguas na nosa contorna e na nosa comunidade, o alumnado de 6º E.P., o mércores 11 de outubro,  buscou na prensa artigos nos que a nosa lingua é protagonista. 

Nesta ocasión, e para abrir debate, leron tres noticias:


Premendo na imaxe, accederás á actividade.

venres, 6 de outubro de 2023

FACENDO MEMORIA / LINGUAS COOFICIAIS / O CASTRO DE BAROÑA

Na semana do 2 ao 6 de outubro, o alumnado de 6º E.P., estivo traballando coa prensa en tres sesións da "Hora de Ler".

Premendo nas imaxes, accederás ao traballo realizado en cada unha das sesións.

1º SESIÓN: FACENDO MEMORIA

2º SESIÓN: LINGUAS COOFICIAIS


3ª SESIÓN: O CASTRO DE BAROÑA

mércores, 4 de outubro de 2023

PROGRAMA PRENSA ESCOLA 2023-24

Este curso continuamos no programa "Prensa - escuela" promovido pola "Voz de Galicia".

Inscribiuse ao programa o alumnado de 6º E.P. e Aurelia, a mestra que imparte LGL e  LCL neste grupo. 


Iniciou a actividade o 4 de outubro.  Todos os mércores recibirán 10 xornais cun suplemento escolar "La Voz de la escuela" con información de interese e con orientacións sobre como enfocar as noticias desde o punto de vista pedagóxico. 

OBXECTIVOS DO PROGRAMA

  • Aprender a ler a prensa e desenvolver un sentido crítico.
  • Integrar as noticias de cada día como complemento e actualización do libro de texto no currículo escolar.
  • Coñecer os problemas reais que os xornais presentan a diario e implicarse na súa solución.
  • Usar a prensa como un recurso didáctico que facilite o densenvolvemento das súas aptitudes e destrezas persoais, tales como a creatividade, a educación para o ocio, o estudio do medio e a inserción en grupos e servicios sociais.
  • Ter acceso ó mundo dos medios de comunicación.
  • Aprender a expresar libremente a súa opinión e a debater en grupo os seus problemas.
  • Que a escola tome conciencia da importancia da información na educación do alumnado como cidadáns que forman parte dunha sociedade plural e democrática.


ANÁLISE DA INFORMACIÓN

  Á metade do alumnado de 6º E.P. gústalle o fútbol e xogan nalgún equipo. Aínda que é unha actividade na que disfrutan, ás veces vese entur...