venres, 20 de outubro de 2023

"AMPLIAMOS LA INFORMACIÓN"

Na semana do 16 ao 20 de outubro, o alumnado de 6º E.P. escolleu o artigo "Un asunto espinoso" da sección "La escuela salvaje". Despois dunha lectura en voz alta por quendas, destacaron as preguntas para ampliar a información. 


A continuación organizáronse en tres grupos e repartiron as preguntas. Antes de buscar a información necesaria para respondelas, nombraron un secretario/a en cada equipo para ir anotando datos importantes e un portavoz que expuxera en alto ao resto dos grupos a información seleccionada.

1º GRUPO

O primeiro grupo localizou os lugares máis proximos ao centro escolar onde se poden atopar plantas con espiñas. Ademais, buscou información sobre a fábula de "Androcles y el león" cuxo inicio aparecía no artigo.
2º GRUPO
O segundo grupo buscou nomes de plantas con espiñas para aumentar a listaxe das xa lidas. Tamén buscou información sobre quen era Esopo, que se nomeaba como autor da fábula "Androcles y el león".
3º GRUPO
O terceiro grupo averiguou por que as plantas con espiñas abundan nas zoas máis áridas do planeta e se as propias espiñas tiñan algo que ver con iso.
Finalmente fixeron a posta en común compartindo a información que ampliaron sobre a noticia inicial. 
Premendo na imaxe, accederás á actividade.  

Ningún comentario:

Publicar un comentario

O CASTRO DE MONTES CLAROS

Na prensa do mércores 29 de maio houbo unha noticia sobre o Castro de Montes Claros. Os nenos e nenas de 6º E.P. alegráronse moito porque o ...