Amosando publicacións coa etiqueta PDI. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta PDI. Amosar todas as publicacións

mércores, 29 de maio de 2024

O CASTRO DE MONTES CLAROS

Na prensa do mércores 29 de maio houbo unha noticia sobre o Castro de Montes Claros. Os nenos e nenas de 6º E.P. alegráronse moito porque o tema do Proxecto Documental Integrado ( PDI) deste curso é a "Cultura Castrexa".


Comezaron cunha lectura en voz alta, por quendas, na que foron marcando algunhas palabras e expresións sobre as que logo afondarían.


Premendo nas imaxes, accederás á actividade.

mércores, 12 de abril de 2023

ENTREVISTA E RESUME

O alumnado de 5º E.P. leran no xornal do 29 de marzo, unha entrevista a unha escritora e fixándose na estrutura da mesma elaboraron outras de creación propia. Esta semana volveron a utilizar ese xornal, lendo un artigo da sección de oficios tradicionais galegos: "As redeiras", relacionado co noso PDI.

Nesta ocasión foron marcando no texto as palabras literais dunha redeira que falaba sobre o seu oficio e , tomándoas como respostas, enunciaron as preguntas, afianzando o aprendido sobre a entrevista. 
No xornal do 12 de abril, utilizaron o xornal para resumir unha noticia. Na sección de "La Voz de Carballo" leron este titular:

Premendo na imaxe accederás a actividade:

mércores, 29 de marzo de 2023

A ENTREVISTA

Na semana do 27 ao 31 de marzo, o alumnado de 5º E.P. traballou a entrevista. Lendo a Voz de Galicia do mércores 29 de marzo, atoparon unha relacionada cos naufraxios, tema elixido polo grupo no PDI  "Amar o mar". 

A continuación fixeron unha actividade de comprensión localizando no artigo a información que se pedía. 
Noutra sesión da clase de Lingua Galega fixeron de xornalistas realizando unha entrevista. 
Premendo na imaxe, accederás á actividade.

mércores, 15 de marzo de 2023

MARISCADORA 2.0

O alumnado de 5º E.P. guiados pola mestra Aurelia, continúan traballando na alfabetización mediática e informacional. Desta vez, cunha noticia que atoparon na Voz de Galicia do 15 de marzo que está relacionada co PDI.

Comezaron facendo unha lectura en voz alta por quendas.
Despois contrastaron a información...
Premendo na imaxe, accederás a actividade.

mércores, 15 de febreiro de 2023

"A VOLTAS COAS CUNCHAS"

O alumnado de 5º E.P., lendo "La escuela salvaje" no xornal do15 de febreiro, atopou un artigo que facía referencia ao que leron a semana anterior. Nesta ocasión falabase das utilidades das cunchas. 


Despois dunha lectura, viron unha colección de cunchas que foron relacionando coas que aparecían no artigo.


Logo localizaron todos os usos que se poden dar ás cunchas...

...para elaborar un esquema coa información.

Para finalizar, buscaron información sobre o "Nautilus" e a súa espiral áurea ou dorada, á que se facía referencia na lectura. 

Premendo na imaxe, accederás á actividade.

martes, 14 de febreiro de 2023

"EL ARTE DE CREAR PLAYAS"

Na semana do 8 ao 10 de febreiro, o alumnado de 5º E.P.  centrouse nun artículo de "La Voz de la escuela" titulado "EL ARTE DE CREAR PLAYAS".

Contrastaron e ampliaron a información con outros medios, contribuíndo a mellorar a alfabetización mediática e informacional.

                                  Planteamento do traballo:

1.- Lectura do artigo.

2.- Localización dos axentes ou "artistas" que crean as praias.

3.- Extrapolación de parte da información identificando accidentes xeográficos cos seus correspondentes nomes propios ( praias, cabos, rochas...)

4.- Investigación sobre a orixe do "talaso"
Premendo na imaxe, accederás á actividade.

mércores, 7 de decembro de 2022

SUPERPEIXIÑO

O alumnado de 5º E.P. lendo o xornal do mércores 7 de decembro, atopou na sección de Marítima, unha noticia relacionada co MAR, o tema do noso proxecto anual. 

Premendo na imaxe, accederás á actividade:

mércores, 23 de novembro de 2022

INFORMÁNDOSE SOBRE "EL PALANGRE"

O alumnado de 5º E.P. continúa buscando no xornal, novas relacionadas co mar. Esta vez foron á sección de "Marítima" e fixáronse no seguinte:


O traballo centrouse nunha actividade de Alfabetización mediática e informacional. 

Premendo na imaxe, accederás á actividade.

mércores, 9 de novembro de 2022

"HABLAMOS SOBRE EL PRESTIGE"

 Mergullándose no xornal do mércores, 9 de novembro, o alumnado de 5º E.P. atopou unha nova relacionada co PDI "O mar" e co proxecto que están a traballar este curso: "Os naufraxios".

Premendo na imaxe, accederás á actividade 👍

mércores, 2 de novembro de 2022

COMPRENDEMOS LO QUE LEEMOS

Os nenos e nenas de 5º E.P., lendo a prensa o 2 de novembro, localizaron un titular relacionado co mar. 


Comezaron facendo unha lectura en voz alta por turnos.

Logo recortárona e pegárona na libreta.  

A continuación, traballaron a comprensión lectora a través de catro preguntas e remataron a actividade facendo unha posta en común. 

Premendo na imaxe, accederás á actividade 👍

mércores, 19 de outubro de 2022

VOCABULARIO

O mércores 19 de outubro, empezou a traballar coa prensa o alumnado de 5º E.P. baixo a coordinación da mestra Aurelia. 

Relacionaron a actividade co PDI "Amar o mar" buscando noticias relacionadas co mar. 

Entre todos localizaron 5 titulares:
Recortáronos e pegáronos na libreta:
Destacaron o vocabulario seleccionado:
Explicaron o significado deses termos, aclarando dúbidas. Para finalizar fixeron un mural.
Premendo na imaxe, accederás á actividade.

mércores, 25 de maio de 2022

OUKA LEELE, A PINTORA DAS FOTOS

 O alumnado de 6º E.P. traballando a prensa o 25 de maio, viron unha noticia sobre o falecemento de Ouka Leele, unha artista da fotografía e a pintura. 

Ao fío da lectura, fixeron un gran traballo. Premendo na imaxe accederás á actividade.👍 

mércores, 11 de maio de 2022

OUTRA NOVA SOBRE PINTURA

O alumnado de 6º E.P. lendo  a prensa o mércores 11 de maio, fixouse nesta noticia.

Chamoulles a atención porque a imaxe de Marylin, que aparece na foto, xa a viran con anterioridade cando investigaron sobre o pop-art. Así que, unha vez situados no estilo de pintura, comezaron a ler por quendas en voz alta. 

A continuación, a mestra Aurelia, propuxo unha serie de preguntas que anotou no encerado.

Premendo na imaxe, accederás á actividade

mércores, 27 de abril de 2022

A OBRA DE LAXEIRO

Na prensa do mércores 27 de abril, o alumnado de 6º E.P. atopou un titular relacionado co PDI. Desta vez facía referencia a Laxeiro, un coñecido pintor galego do século XX.

Premendo na imaxe, accederás á actividade.

mércores, 20 de abril de 2022

"LABRANDO A VELÁZQUEZ EN LA MADERA"

O alumnado de 6º continúa seleccionando na prensa, noticias e reportaxes que están relacionados co noso PDI "E ti que pintas?". 


A actividade consistiu en facer unha lectura comprensiva. Comezaron lendo por quendas en voz alta ao tempo que ían vendo que se mencionaban pintores que xa coñecían, como Velázquez e Leonardo da Vinci.

Para ver a actividade, preme na imaxe. 👍

O CASTRO DE MONTES CLAROS

Na prensa do mércores 29 de maio houbo unha noticia sobre o Castro de Montes Claros. Os nenos e nenas de 6º E.P. alegráronse moito porque o ...