mércores, 29 de novembro de 2023

VOCABULARIO

O alumnado de 6º E.P., na semana do 27 ao 30 de novembro, no apartado de Vocabulario do tema de Lengua, estiveron traballando a familia de palabras e o campo semántico.  Para reforzar o concepto de campo semántico e indicar con corrección cal é o rasgo común das palabras que o forman, foron á sección de PASATEMPOS. Nela atoparon unha sopa de letras na que tiñan que localizar os termos que se indicaban excepto un ( había que identificar o que faltaba).


Unha vez feita, recortárona para pegala na libreta.


Para finalizar, anotaron a palabra que non aparecía na sopa de letras e escribiron o rasgo común que as agrupaba no mesmo campo semántico. 
Premendo na imaxe, accederás á actividade. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

O CASTRO DE MONTES CLAROS

Na prensa do mércores 29 de maio houbo unha noticia sobre o Castro de Montes Claros. Os nenos e nenas de 6º E.P. alegráronse moito porque o ...