mércores, 28 de febreiro de 2024

TRABALLAMOS A DESCRICIÓN

O alumnado de 6º E.P., lendo a Voz de Galicia do 28 de febreiro, atopou un artigo titulado Fauna familiar no que a autora comparaba a membros da súa familia con algún animal segundo foran as súas características físicas ou o seu carácter.


Á raíz da lectura, comentaron as similitudes que había entre os animais descritos no texto e algunhas persoas. Deste xeito foron comparándose con distintos animais atendendo á súa forma de ser e aos seus rasgos físicos. Para finalizar a actividade, fixeron a súa propia descrición comparándose cun animal.




Aí vai unha mostra do traballo realizado. 

Premendo na imaxe, accederás á actividade:

martes, 20 de febreiro de 2024

DÍA DE ROSALÍA

O alumnado de 6º E.P., o 21 de febreiro, seleccionou na Voz de Galicia esta noticia sobre o Día de Rosalía. 


Despois dunha lectura por quendas en voz alta, localizaron no artigo datos importantes sobre a súa vida que lles serviu para organizar a información nun diagrama:

A continuación, cada un elaborou o seu propio diagrama, incorporando un mapa de Galicia para situar os lugares do seu nacemento e morte. 

Finalmente, expuxeron os traballos na parede co corredor para compartilos co resto de compañeiros e compañeiras. 
Premendo na imaxe, accederás á actividade. 

mércores, 31 de xaneiro de 2024

ABRACADABRA!

O 31 de xaneiro, Día Internacional do Mago, saía publicado un artigo na "Voz de la Escuela" que facía referencia a este feito polo que o alumnado de 6º E.P. fixo unha lectura en voz alta por quendas. A continuación buscaron os nomes de todos os magos que se mencionaban, desde os máis antigos , aos actuais. Familiarizáronse con nomes como Juan Bosco, Dedi, Houdini, Mago Pop, Marcos Waldemar, Pedro Bugarín, o mago Rafa, Patri Zenner e Kiko Pastur. 

Para finalizar o traballo, buscaron información sobre todos estes magos investigando sobre a data e o lugar de nacemento, a súa especialidade dentro da maxia e a súa traxectoria artística. 

Premendo na imaxe, accederás á actividade.

venres, 26 de xaneiro de 2024

UNHA DE GRAMÁTICA

Na semana do 22 ao 26 de xaneiro, o alumnado de 6º E.P. leu un artigo da sección de La Escuela Salvaje titulado "Espontaneidad vegetal". 

Despois dunha lectura en voz alta por turnos, comentaron o seu contido relacionándoo co entorno máis próximo, o patio do colexio, onde "espontáneamente" medran moitas especies vexetais entre as gretas das aceras, sobre todo o dente de león como o que recoñeceron na fotografía que acompañaba ao texto. A continuación, nunha segunda lectura marcaron as formas non persoais dos verbos , xa que están traballando ese tema en LCL.


Logo clasificáronas na libreta fixándose en que o infinitivo é a forma non persoal máis utilizada. Tamén buscaron formas persoais clasificándoas en simples e compostas.
Premendo na imaxe, accederás á actividade. 

mércores, 17 de xaneiro de 2024

MÉTRICA, RIMA E INVESTIGACIÓN

O mércores 17 de xaneiro, o alumnado de 6º E.P. lendo a prensa, escolleu o artigo da sección de La escuela salvaje. Para facer o traballo agrupáronse en equipos de tres fixándose na folla de ruta que aportou a mestra Aurelia. 

Premendo na imaxe, accederás á actividade.

venres, 12 de xaneiro de 2024

ANALIZAMOS LAS CONSECUENCIAS DE LOS PÉLETS

O alumnado de 6º E.P., na semana do 8 ao 12 de xaneiro fixaron a súa atención nas novas publicadas sobre os pélets que chegaron a nosa costa despois de que o mercante Toconao perdera seis contenedores con esta mercancía. 
Concretamente centráronse na lectura sobre a analítica que revela que as boliñas non son nocivas.
Despois dunha lectura en voz alta por turnos, fixeron unha segunda lectura para destacar as ideas fundamentais cun marcador. 
A continuación abriron unha ronda de intervencións facendo fincapé no grao de contaminación e toxicidade deste produto. 
Accederás á actividade premendo na imaxe.

mércores, 20 de decembro de 2023

ALFABETIZACIÓN MEDIÁTICA E INFORMACIONAL

 O alumnado de 6º E.P., traballou simultáneamente sobre dúas noticias publicadas na Voz de Galicia os días 13 e 20 de decembro. A finalidade era abordar un dos bloques das áreas de Lengua e Lingua, a alfabetización mediática e informacional, localizando, seleccionando e contrastando a información de distintas fonte. Fixeron dous grupos para que cada un traballara sobre unha das noticias. 



Para secuenciar a actividade, anotaron nun folio os pasos que debían seguir: 

a) Ler

b) Esquematizar

c) Ampliar

d) Distribuír o texto e memorizar

e) Expoñer oralmente. 



Feita unha primeira lectura individual, foron marcando as ideas fundamentais que lles axudaría a elaborar  un esquema de toda a información.
A coordinadora de cada grupo foi escoitando e consensuando as ideas aportadas por todos os membros, de forma que poideron anotalas elaborando un esquema conxunto. 

Logo decidiron que aspecto da noticia lles interesaba ampliar e buscaron información en varias páxinas web para contrastar o contido e confirmar que este era veraz. 

Finalmente, repartiron toda a información para memorizala e expoleña oralmente diante dos demais compañeiros e compañeiras da clase. 
Preme na imaxe para ver a actividade.

O CASTRO DE MONTES CLAROS

Na prensa do mércores 29 de maio houbo unha noticia sobre o Castro de Montes Claros. Os nenos e nenas de 6º E.P. alegráronse moito porque o ...