mércores, 29 de maio de 2024

O CASTRO DE MONTES CLAROS

Na prensa do mércores 29 de maio houbo unha noticia sobre o Castro de Montes Claros. Os nenos e nenas de 6º E.P. alegráronse moito porque o tema do Proxecto Documental Integrado ( PDI) deste curso é a "Cultura Castrexa".


Comezaron cunha lectura en voz alta, por quendas, na que foron marcando algunhas palabras e expresións sobre as que logo afondarían.


Premendo nas imaxes, accederás á actividade.

mércores, 22 de maio de 2024

COMUNICACIÓN ORAL: ABRINDO DEBATE

O mércores 22 de maio, o alumnado de 6º E.P. sorprendeuse moito cando, abrindo o xornal, viron que este día era o DÍA MUNDIAL DO FUTBOL.

Comezaron cunha lectura en voz alta por quendas e ao finalizar abriron unha rolda de intervencións para indicar os detalles máis importantes. 

Premendo nas imaxes accederás a actividade.


mércores, 15 de maio de 2024

LUISA VILLALTA

Na semana das Letras Galegas, o alumnado de 6º E.P. atopou na sección da "Voz de la Escuela" unha páxina de pasatempos sobre  Luisa Villalta, homenaxeada este ano pola Real Academia Galega. 

Premendo en calquera das imaxes, accederás á actividade. 

mércores, 8 de maio de 2024

O COMERCIO XUSTO

Sabedes que é o comercio xusto? Esta foi a pregunta que fixo a mestra Aurelia ao alumnado de 6º E.P. antes de ler a noticia "O COMERCIO XUSTO" que viña na prensa do mércores 8 de maio. 

As respostas foron variadas...  
Accederás á actividade, premendo na imaxe. 👍

mércores, 24 de abril de 2024

AS LECCIÓNS DO QUIXOTE

Este trimestre, o alumnado de 6º E.P., leu algún capítulo adaptado do Quixote. Por iso pareceulles interesante afondar na noticia "As leccións do Quixote" publicada na Voz de Galicia o 24 de abril na sección de "La voz de la Escuela". 

Premendo na imaxe, accederás á actividade. 👍

mércores, 17 de abril de 2024

"MITO Y REALIDAD"


Hai uns días, o alumnado de 6º E.P., estivo traballando os mitos e familiarizándose con personaxes mitolóxicos. O mércores 17 de abril, revisando a prensa, atoparon un artigo no que se mencionaba a Odisea e ao dios Hermes. Despois dunha lectura inicial, marcaron aqueles aspectos sobre os que debían de investigar. E así buscaron información sobre o inframundo para contestar a varias cuestións que se plantexaban no artigo.
             
                Premendo nas imaxes, accederás á actividade.

mércores, 10 de abril de 2024

ANÁLISE DA INFORMACIÓN

 Á metade do alumnado de 6º E.P. gústalle o fútbol e xogan nalgún equipo. Aínda que é unha actividade na que disfrutan, ás veces vese enturbiada pola mala práctica dalgunhas persoas que ocupan cargos destacados no mundo deste deporte. É o caso de Rubiales, o expresidente da RFEF, que recentemento foi investigado por varias causas. Xa que o tema é do interese do alumnado de 6º E.P., fixáronse nesta noticia. 

Comezaron facendo unha lectura en voz alta, por quendas, parando en cada pregunta para comentar a explicación e comprobar que a entenderan. A continación analizaron as causas polas que Rubiales foi investigado e as consecuencias que pode traer para el e para a RFEF, e recolléronnas nun diagrama. 

Premendo na imaxe, accederás á actividade 👍

O CASTRO DE MONTES CLAROS

Na prensa do mércores 29 de maio houbo unha noticia sobre o Castro de Montes Claros. Os nenos e nenas de 6º E.P. alegráronse moito porque o ...