mércores, 20 de outubro de 2021

PROGRAMA "PRENSA - ESCUELA"

Este curso continuamos no programa "Prensa- escuela" promovido pola Voz de Galicia.

Inscribíuse o alumnado de 6º E.P. e Aurelia, a mestra que imparte LC e LG neste curso. 

Todos os mércores recibirán 21 xornais cun suplemento escolar "La voz de la escuela" con información de interese para entender o xornal e con orientacións sobre como enfocar as noticias desde o punto de vista pedagóxico.
Os obxectivos do programa son os seguintes:
  • Aprender a ler a prensa e desenvolver un sentido crítico.
  • Integrar as noticias de cada día como complemento e actualización do libro de texto no currículo escolar.
  • Coñecer os problemas reais que os xornais presentan a diario e implicarse na súa solución.
  • Usar a prensa como un recurso didáctico que facilite o densenvolvemento das súas aptitudes e destrezas persoais, tales como a creatividade, a educación para o ocio, o estudio do medio e a inserción en grupos e servicios sociais.
  • Ter acceso ó mundo dos medios de comunicación.
  • Aprender a expresar libremente a súa opinión e a debater en grupo os seus problemas.
  • Que a escola tome conciencia da importancia da información na educación do alumnado como cidadáns que forman parte dunha sociedade plural e democrática.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

O CASTRO DE MONTES CLAROS

Na prensa do mércores 29 de maio houbo unha noticia sobre o Castro de Montes Claros. Os nenos e nenas de 6º E.P. alegráronse moito porque o ...