martes, 14 de decembro de 2021

"EL ALARGADO INSECTO AMANTE DE LOS LIBROS ANTIGUOS"

Na prensa do 15 de decembro o alumnado de 6º atopou unha reportaxe sobre o "peixiño de prata", un insecto que, literalmente, devora libros. 

Coa lectura dese texto, e seguindo unhas pautas, foron quen de elaborar un esquema sobre o seu contido.

Para ver o traballo, preme na imaxe.

mércores, 1 de decembro de 2021

UNHA CLASE DE GRAMÁTICA

Aquí está o alumnado de 6º, un mércores máis, lendo a prensa.

Chamoulles a atención unha noticia de "LA ESCUELA SALVAJE". O seu titular era "El oscuro pájaro que vive sobre el tejado".
Despois de ler a reportaxe, recortáronna e pegáronna na libreta para facer unha actividade de gramática.  
Premendo na imaxe, accederás á actividade.

O CASTRO DE MONTES CLAROS

Na prensa do mércores 29 de maio houbo unha noticia sobre o Castro de Montes Claros. Os nenos e nenas de 6º E.P. alegráronse moito porque o ...