mércores, 23 de marzo de 2022

CANTO PAGARÍAS POR UN CADRO?

O mércores 23 de marzo, o alumnado de 6º E.P. leu unha reportaxe na sección "La voz de la escuela" titulada "Canto pagarías por un cadro?"

Como sempre, comezaron facendo unha lectura compartida en voz alta. Nela atoparon pintores que xa lles soaba como Velázquez, Goya, Picasso; Museos dos que xa falaran, como "O Prado"; e algunha obra coñecida como "Os fusilamentos do 3 de maio" de Goya, que reproduciron nunha actividade STEAM incorporándolle un circuito eléctrico cun led que iluminaba o farol do chan.

Accederás á actividade, premendo na imaxe. 👌

Ningún comentario:

Publicar un comentario

O CASTRO DE MONTES CLAROS

Na prensa do mércores 29 de maio houbo unha noticia sobre o Castro de Montes Claros. Os nenos e nenas de 6º E.P. alegráronse moito porque o ...