mércores, 27 de abril de 2022

A OBRA DE LAXEIRO

Na prensa do mércores 27 de abril, o alumnado de 6º E.P. atopou un titular relacionado co PDI. Desta vez facía referencia a Laxeiro, un coñecido pintor galego do século XX.

Premendo na imaxe, accederás á actividade.

mércores, 20 de abril de 2022

"LABRANDO A VELÁZQUEZ EN LA MADERA"

O alumnado de 6º continúa seleccionando na prensa, noticias e reportaxes que están relacionados co noso PDI "E ti que pintas?". 


A actividade consistiu en facer unha lectura comprensiva. Comezaron lendo por quendas en voz alta ao tempo que ían vendo que se mencionaban pintores que xa coñecían, como Velázquez e Leonardo da Vinci.

Para ver a actividade, preme na imaxe. 👍

mércores, 6 de abril de 2022

APLICANDO O APRENDIDO

O alumnado de 6º E.P, o mércores 6 de abril, lendo a prensa, atoparon este titular: "Un madrileño de 12 anos estrena un exoesqueleto infantil promovido por el CSIC".


Traballaron sobre ela durante 3 sesións da "Hora de Ler" desenvolvendo as competencias en Comunicación Lingüística, Dixital, Aprender a Aprender e a Social e Cívica. Comezaron lendo o titular e fixándose no prefixo "exo" e nas siglas CSIC
A continuación buscaron en internet o significado do prefixo e das siglas. Unha vez informados, en voz alta, continuaron a lectura de toda a noticia. 
Premendo na imaxe, accederás á actividade. 

O CASTRO DE MONTES CLAROS

Na prensa do mércores 29 de maio houbo unha noticia sobre o Castro de Montes Claros. Os nenos e nenas de 6º E.P. alegráronse moito porque o ...