mércores, 15 de febreiro de 2023

"A VOLTAS COAS CUNCHAS"

O alumnado de 5º E.P., lendo "La escuela salvaje" no xornal do15 de febreiro, atopou un artigo que facía referencia ao que leron a semana anterior. Nesta ocasión falabase das utilidades das cunchas. 


Despois dunha lectura, viron unha colección de cunchas que foron relacionando coas que aparecían no artigo.


Logo localizaron todos os usos que se poden dar ás cunchas...

...para elaborar un esquema coa información.

Para finalizar, buscaron información sobre o "Nautilus" e a súa espiral áurea ou dorada, á que se facía referencia na lectura. 

Premendo na imaxe, accederás á actividade.

martes, 14 de febreiro de 2023

"EL ARTE DE CREAR PLAYAS"

Na semana do 8 ao 10 de febreiro, o alumnado de 5º E.P.  centrouse nun artículo de "La Voz de la escuela" titulado "EL ARTE DE CREAR PLAYAS".

Contrastaron e ampliaron a información con outros medios, contribuíndo a mellorar a alfabetización mediática e informacional.

                                  Planteamento do traballo:

1.- Lectura do artigo.

2.- Localización dos axentes ou "artistas" que crean as praias.

3.- Extrapolación de parte da información identificando accidentes xeográficos cos seus correspondentes nomes propios ( praias, cabos, rochas...)

4.- Investigación sobre a orixe do "talaso"
Premendo na imaxe, accederás á actividade.

venres, 3 de febreiro de 2023

INVENTANDO TITULARES

Na primeira semana de febreiro, nas "Horas de Ler", o alumnado de 5º E.P. fixo unha revisión de todos los titulares do xornal do mércores 1 de febreiro recortando un número considerable de titulares.

A continuación seleccionaron palabras que lles pareceron máis oportunas para elaborar un novo titular. A actividade consistía en combinalas de forma que se mantivera a concordancia xénero-número aínda que a mensaxe resultara disparatada. 


Aquí tedes o resultado. 

Premendo na imaxe, accederás á actividade.

O CASTRO DE MONTES CLAROS

Na prensa do mércores 29 de maio houbo unha noticia sobre o Castro de Montes Claros. Os nenos e nenas de 6º E.P. alegráronse moito porque o ...