O alumnado de 6º E.P., traballou simultáneamente sobre dúas noticias publicadas na Voz de Galicia os días 13 e 20 de decembro. A finalidade era abordar un dos bloques das áreas de Lengua e Lingua, a alfabetización mediática e informacional, localizando, seleccionando e contrastando a información de distintas fonte. Fixeron dous grupos para que cada un traballara sobre unha das noticias.
Para secuenciar a actividade, anotaron nun folio os pasos que debían seguir: a) Ler
b) Esquematizar
c) Ampliar
d) Distribuír o texto e memorizar
e) Expoñer oralmente.
Feita unha primeira lectura individual, foron marcando as ideas fundamentais que lles axudaría a elaborar un esquema de toda a información.
A coordinadora de cada grupo foi escoitando e consensuando as ideas aportadas por todos os membros, de forma que poideron anotalas elaborando un esquema conxunto.
Logo decidiron que aspecto da noticia lles interesaba ampliar e buscaron información en varias páxinas web para contrastar o contido e confirmar que este era veraz.
Finalmente, repartiron toda a información para memorizala e expoleña oralmente diante dos demais compañeiros e compañeiras da clase.
Preme na imaxe para ver a actividade.