O alumnado de 6º E.P. lendo o xornal do 19 de xaneiro atoparon dúas noticias que estaban relacionadas co PDI deste curso "E ti que pintas?"
Esta foi a primeira noticia que leron:
Despois dunha lectura en voz alta e por quendas, buscaron a información esencial(entidade organizadora da exposición, lugar e datas, contido da exposición...).
A continuación destacaron os nomes dos pintores e pintoras, algúns xa eran coñecidos, como Picasso e Dalí. A partir de aquí comezaron unha tarefa de investigación por parellas: debían buscar información sobre o pintor ou pintora que lles asignara a mestra e seleccionar a máis relevante.
Para finalizar expuxeron oralmente a información.
Segunda notica:
Finalizada a lectura buscaron o contexto da noticia facendo un breve resumo do seu contido e investigaron en internet.
Premendo na imaxe, accederás á actividade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario