O mércores 12 de xaneiro, o alumnado de 6º E.P. lendo a prensa, fixaron a atención nas distintas seccións e no tipo de noticia que saía publicada en cada unha delas.
Como son 20 alumnos/as, escolleron dez noticias para poder traballar en parellas.
Analizaron un par de noticias de cada sección, atopando a relación entre o seu contido e o nome da sección na que estaba publicada.
Remataron a actividade elaborando un mural para compartir a información cos compañeiros e compañeiras do cole.
Para acceder á actividade, preme no mural.
Ningún comentario:
Publicar un comentario