mércores, 30 de marzo de 2022

SIGLAS E ABREVIATURAS

Esta semana, o alumnado de 6º E.P., na área de Lingua Castelá, comezou a traballar as siglas e abreviaturas. 

Pareceulles interesante facer un percorrido visual polo xornal do mércores 30 de marzo e localizar as siglas e abreviaturas. 

Premendo na imaxe, accederás á actividade.👍

mércores, 23 de marzo de 2022

CANTO PAGARÍAS POR UN CADRO?

O mércores 23 de marzo, o alumnado de 6º E.P. leu unha reportaxe na sección "La voz de la escuela" titulada "Canto pagarías por un cadro?"

Como sempre, comezaron facendo unha lectura compartida en voz alta. Nela atoparon pintores que xa lles soaba como Velázquez, Goya, Picasso; Museos dos que xa falaran, como "O Prado"; e algunha obra coñecida como "Os fusilamentos do 3 de maio" de Goya, que reproduciron nunha actividade STEAM incorporándolle un circuito eléctrico cun led que iluminaba o farol do chan.

Accederás á actividade, premendo na imaxe. 👌

martes, 15 de marzo de 2022

ANIVERSARIO DE "LA VOZ DE LA ESCUELA"

O alumnado de 6º E.P., dedicou tres sesións de Lingua Galega para traballar sobre esta noticia. 

Preme na imaxe para acceder ás actividades.

martes, 8 de marzo de 2022

RESUMINDO UNHA NOTICIA

O alumnado de 6º E.P. atopou unha publicación moi interesante no suplemento de "La voz de la Escuela" dentro da sección "La escuela salvaje". 

Para ver a actividade preme na imaxe.

O CASTRO DE MONTES CLAROS

Na prensa do mércores 29 de maio houbo unha noticia sobre o Castro de Montes Claros. Os nenos e nenas de 6º E.P. alegráronse moito porque o ...