Este trimestre, o alumnado de 6º E.P., leu algún capítulo adaptado do Quixote. Por iso pareceulles interesante afondar na noticia "As leccións do Quixote" publicada na Voz de Galicia o 24 de abril na sección de "La voz de la Escuela".
mércores, 24 de abril de 2024
mércores, 17 de abril de 2024
"MITO Y REALIDAD"
Premendo nas imaxes, accederás á actividade.
mércores, 10 de abril de 2024
ANÁLISE DA INFORMACIÓN
Á metade do alumnado de 6º E.P. gústalle o fútbol e xogan nalgún equipo. Aínda que é unha actividade na que disfrutan, ás veces vese enturbiada pola mala práctica dalgunhas persoas que ocupan cargos destacados no mundo deste deporte. É o caso de Rubiales, o expresidente da RFEF, que recentemento foi investigado por varias causas. Xa que o tema é do interese do alumnado de 6º E.P., fixáronse nesta noticia.
Comezaron facendo unha lectura en voz alta, por quendas, parando en cada pregunta para comentar a explicación e comprobar que a entenderan. A continación analizaron as causas polas que Rubiales foi investigado e as consecuencias que pode traer para el e para a RFEF, e recolléronnas nun diagrama.
Premendo na imaxe, accederás á actividade 👍
mércores, 3 de abril de 2024
DÍA MUNDIAL DO ARCO DA VELLA
O día 3 de abril, a Voz de Galicia publicaba unha reportaxe sobre o DÍA MUNDIAL DO ARCO DA VELLA, no que, ademais de falar sobre este fenómeno natural, facía referencia ás cores da tolerancia e o respecto, xa que o colectivo LGTBI teno como símbolo.
Lembraron o tema de CN no que estudaron este fenómeno e comprobaron que o explicado na reportaxe coincidía co que eles aprenderan na clase.
O CASTRO DE MONTES CLAROS
Na prensa do mércores 29 de maio houbo unha noticia sobre o Castro de Montes Claros. Os nenos e nenas de 6º E.P. alegráronse moito porque o ...

-
Na semana das Letras Galegas, o alumnado de 6º E.P. atopou na sección da "Voz de la Escuela" unha páxina de pasatempos sobre Luis...
-
O mércores 22 de maio, o alumnado de 6º E.P. sorprendeuse moito cando, abrindo o xornal, viron que este día era o DÍA MUNDIAL DO FUTBOL. Com...
-
Na prensa do mércores 29 de maio houbo unha noticia sobre o Castro de Montes Claros. Os nenos e nenas de 6º E.P. alegráronse moito porque o ...