mércores, 26 de xaneiro de 2022

SOPA DE LETRAS

Lendo a prensa o mércores, 26 de xaneiro, o alumnado de 6º E.P. atopou un pasatempos.

Preme nel para ver a actividade:

As palabras que había que atopar na sopa pertencían ó mesmo campo semántico e como o día anterior, en Lingua Castelá, estiveran traballando o campo semántico, veulles xenial esta actividade.

Cando remataron, pegárona na libreta.

Logo responderon á pregunta da sopa de letras.
E completaron a actividade indicanto a que campo semántico pertencían as palabras localizadas na sopa de letras.

mércores, 19 de xaneiro de 2022

HOXE VAI...DE PINTORES!

O alumnado de 6º E.P. lendo o xornal do 19 de xaneiro atoparon dúas noticias que estaban relacionadas co PDI deste curso "E ti que pintas?"

Esta foi a primeira noticia que leron: 

Despois dunha lectura en voz alta e por quendas, buscaron a información esencial(entidade organizadora da exposición, lugar e datas, contido da exposición...).

A continuación destacaron os nomes dos pintores e pintoras, algúns xa eran coñecidos, como Picasso e Dalí. A partir de aquí comezaron unha tarefa de investigación por parellas: debían buscar información sobre o pintor ou pintora que lles asignara a mestra e seleccionar a máis relevante. 

Para finalizar expuxeron oralmente a información. 

Segunda notica:

Finalizada a lectura buscaron o contexto da noticia facendo un breve resumo do seu contido e investigaron en internet.

Premendo na imaxe, accederás á actividade.

mércores, 12 de xaneiro de 2022

SECCIÓNS DO XORNAL

O mércores 12 de xaneiro, o alumnado de 6º E.P. lendo a prensa, fixaron a atención nas distintas seccións e no tipo de noticia que saía publicada en cada unha delas.


Como son 20 alumnos/as, escolleron dez noticias para poder traballar en parellas. 
Analizaron un par de noticias de cada sección, atopando a relación entre o seu contido e o nome da sección na que estaba publicada. 
Remataron a actividade elaborando un mural para compartir a información cos compañeiros e compañeiras do cole. 
Para acceder á actividade, preme no mural.

O CASTRO DE MONTES CLAROS

Na prensa do mércores 29 de maio houbo unha noticia sobre o Castro de Montes Claros. Os nenos e nenas de 6º E.P. alegráronse moito porque o ...